Edesga
estudos sociais e de mercado
Sobre nós
Dende 2006 Os teus proxectos son os nosos proxectos
Calidade
Colaboración
Cercanía
Líñas de traballo
1
Coñecemento e investigación
A investigación xera coñecemento e o coñecemento estimúlanos a investigar de novo. En EDESGA estamos implicados en todo este proceso tanto a través da nosa propia investigación e asesoramento técnico como da nosa participación en proxectos públicos (universidades, administración pública…) e privados (empresas, ONG…) de calidade. Podemos participar da túa idea axudándote a responder ás preguntas que se presentan en cada unha das súas etapas:
Que queremos saber? Como podemos sabelo?
Como recollemos os datos que necesitamos?
Como traballamos cos datos? Que significa toda a información recollida?
2
Desenvolvemento e sociedade
Estamos orientados a proxectos centrados no territorio e na mellora da calidade de vida da súa poboación. Xa sexas unha administración pública ou unha entidade privada, queremos colaborar abordando a túa idea desde diferentes ángulos.
- Estudos, plans e accións integrais para diferentes colectivos: infancia, xuventude, poboación inmigrante, con diversidade funcional…
- Campañas e guías de difusión ou sensibilización
- Plans de dinamización e promoción turística e comercial
- Detección de necesidades de formación e emprego
- Estudos do territorio e das infraestruturas
3
Igualdade
Como empresa decidimos facer unha importante aposta polos proxectos relacionados coa equidade entre mulleres e homes e coa loita contra a violencia de xénero, xa que cremos firmemente na súa importancia para conseguir unha sociedade máis xusta.
Si ti tamén o compartes a nosa idea, quizais poidamos encaixar o que buscas:
- Plans de igualdade de oportunidades
- Protocolos de actuación contra a violencia de xénero
- Guías ou campañas e xornadas de sensibilización
- Actividades de coeducación
4
Marca e comunicación
Saber o que pensan os teus clientes de ti e dos teus produtos é fundamental para anticipar e adaptarse ás súas necesidades. Queremos axudarche a conseguilo e para iso poñémonos no teu sitio e facemos as túas preguntas: Funcionará o novo produto? Que imaxe transmite a marca? Que opinan os clientes?
Ofrecémosche unha vista detallada de todo o que queres saber:
- Hábitos e actitudes do consumidor, proceso de compra, estudos de motivación…
- Atributos da marca, estudos de notoriedade, probas previas e posteriores á publicidade
- Proba de produtos, calidade do servizo e seguimento posvenda, benchmarking
5
Formación
Esa formación continua é fundamental para o desenvolvemento do teu proxecto non o imos descubrir agora. O que si queremos é transmitirvos a nosa ilusión por aprender e ensinar. Ofrecémosche formación en calquera das nosas áreas de traballo e realizamos avaliacións de accións formativas. Algúns dos nosos cursos especializados son:
- Técnicas de investigación social: deseño e aplicación de enquisas, traballo cualitativo, análise multivariante, etc.
- Formación técnica en igualdade de oportunidades
- Elaboración de: plans de igualdade, plans de acollida e integración da poboación inmigrante, etc.
Destacamos pola nosa
Rede de campo e metodoloxíaOs nosos colaboradores teñen experiencia e formación especializada, o que garante a calidade dos nosos estudos cuantitativos e cualitativos.
Ferramentas e estudos cuantitativos
Enquisas presenciais e telefónicas
Hall-test
Creación e depuración de bases de datos
Análise estatística multivariante
Data mining
Ferramentas e estudos cualitativos
Entrevistas en profundidade e Focus Group
Mistery shopping
Dinámicas Participativas (IAP)
Análise e transcrición de contidos
Análise de rede